O TABOLEIRO

Cantas veces non viches pola rúa ou pola rede unha oferta de traballo e pensaches que podía serlle interesante a un amigo teu. Pois hai moitos galegos e galegas que andan na procura dun emprego no Reino Unido e nunca está de máis que che boten unha man. A nosa proposta é facer un taboleiro colaborativo con todos eses anuncios que imos vendo, así calquera que ande na búsqueda dun traballiño poderá velo aquí.

Se sabes dunha oferta non tes máis que cubrir o formulario que aparece máis abaixo e aparecerá automaticamente no taboleiro. Anímate a colaborar!

 
  • Rous

    a min non me deixa ver as ofertas, mentres cargan automáticamente vaime á páxina de colaboración pero non me deixa ver o que xa está colgado :-(

    • Galiza no UK

      Proba agora. Debería estar amañado. A nós funciónanos sen problema.