O vindeiro sábado, todo galego e galega de bo comer e bo beber ten unha cita obrigada en Londres. Os Galegos Morriñentos organizan unha queimada seguindo o ronsel de festas populares que levan celebrando nos últimos meses.

Terá lugar no mesmo sitio que o magosto de novembro, o restaurante La Bodega de Notting Hill e por 12 libras haberá tapas e queimada a fartar. Se te queres achegar, confirma asistencia no evento de Facebook e vai por alí ás 19.30.

Tagged with: