Facemos unha proposta. Imos xeo-localizar á comunidade galega. Ao mellor hai un paisano vivindo á volta da esquina e non o sabes. Construamos entre todos un mapa para saber por onde andan espallados os nosos.

Para facer isto só tes que cubrir un formulario, poñendo o teu nome, a cidade na que vives e o código postal (a primeira parte chega, que non queremos chegar á túa casa). Tamén podes subir unha ligazón cunha foto túa ou un enderezo de contacto.

Animádevos, que seguro que queda moi ben!