Ver o mapa en tamaño completo

Nunca tivéchedes curiosidade por saber por onde anda a comunidade galega? Que cidades ou que barrios eliximos para vivir? Ao mellor pensas que es o único galego de Aberdeen (por poñer un exemplo), pero resulta que á volta da esquina hai tres máis.

Tamén pode pasar que esteas pensando en virte ao UK e gustaríache contactar con algún paisano que xa viva aquí para pedirlle consello.

Pois facémosvos unha proposta: imos mapear a comunidade galega. Só tedes que cubrir un sinxelo formulario e ao pouco apareceredes xeolocalizados nun mapa. Non ten moita precisión, que tampouco é cuestión de publicar o enderezo de cada quen, así que está baseado na primeira parte do código postal, de xeito que se saiba o barrio pero non a rúa.

Está habilitada tamén a posibilidade de mandar unha ligazón a unha foto túa (para porlle cara ás cousas) e un enderezo de contacto, que pode ser o mail, o Facebook, o Twitter ou o que che apeteza.

Animádevos!

Tagged with:
 
  • Noa.galegos

    Ola!

    O meu nome é Noa e son redactora no programa “Galegos no mundo” que emite a Televisión de Galicia. Imos estar gravando un programa en Glasgow e para iso queremos contactar cos galegos e coas galegas que viven alí. Polo que vemos nesta web, cando menos hai dúas, Maricarme e Jimi Sandrix. Por favor, poñédevos en contacto con nós a través dunha destas vías;

    GALEGOS NO MUNDO
    Email: galegosnomundo3@gmail.com
    Tlf: (0034) 881898440 (de 10h a 20h)
    Skype: matias.galegos / noa.galegos
    Web: http://galegosnomundo.es

    Graciñas
    Noa