CC BY-NC-SA Zentolos

Os Galegos Morriñentos en Londres organizan o seu xa tradicional magosto o vindeiro sábado día 10 de novembro. A localización para tan senlleiro evento é o restaurante “La Bodega” de Notting Hill.

Haberá cea por un prezo de 12 libras (bebida aparte) e se levas unha presa de castañas xa chas asan alí. A hora de comezo é as 19:30 pero a de remate xa depende máis de ti.

Para apuntarte só tes que confirmalo no evento de Facebook que crearon e xa chega.

Se ao final te animas a ir mándanos as túas fotos a Galiza no UK!

Tagged with: