Traballo

Para atopar traballo no Reino Unido fai falla algo máis que boas intencións (aínda que tamén son importantes). Cales son os principais web de emprego? Como teño que facer curriculum vitae? Onde saco o número da seguridade social? Nesta sección iremos dando resposta a todas estas preguntas.

Transporte

Ás Illas non hai só que chegar, senón que tamén fai falla moverse por elas. Aquí vas poder saber cales son as mellores combinacións de avións, os trens e buses máis baratos e até o transporte urbano. Iremos publicando esta información pouco a pouco e faremos o posíbel porque incluír o maior número de cidades.

Aloxamento

Ter onde vivir é unha das cousas máis importantes cando te mudas a un país extranxeiro. No Reino Unido existe un bo número de páxinas web e axencias para atopar aloxamento. Pero hainas que coñecer! En Galiza no UK tamén intentaremos ser útiles con isto.

Administración e burocracia

Cada país ten as súas cousas. A administración do Reino Unido non é especialmente complicada, pero hai que se habituar. Cando chegas a un lugar novo queres saber como rexistrarte no médico, se tes que pagar o imposto municipal ou como apuntarte para votar. Tamén podes atopar aquí esta información.