Publicado orxinalmente en Cadernos.net

Fernando VillalbaAínda que naceu en Burgos, xa con seis anos comezou a residir en Galiza, primeiro no interior, en Vilalba, e despois en Burela, na Mariña lucense, e na actualidade en Lugo.

De profesión Deseñador de Interiores, sempre levou a pintura no seu interior, xa o seu pai é pintor, mais non é ata que profesionalmente comezou a debuxar cando derivou do técnico ao artístico, utilizando a acuarela, sempre dunha maneira autodidacta, como soporte. De temática case sempre urbano, fai excepcións coas praias da mariña, aínda que sexan, a maioría das veces anónimas. Gústalle o soporte grande, e a brocha máis que o pincel.

Agora, tras varias exposicións en León e por diversos lugares de Lugo e a súa provincia, xorde -grazas a Marcos Neira e a Galería Southfields, en Wimbledon (Londres)- realizar esta exposición que se inaugura o vindeiro 4 de marzo, na que aínda que a temática é moi londiniense, non deixará de facer chegar as cores e sensacións da Galiza que el pinta nalgunha das súas obras.

Exposicións individuais

  • Vinoteca La Buena Vida. León.
  • Centro Cultural Valdelugueros. Veráns Culturais. León.
  • Mesón do Forno. Lugo.
  • Cervexaría 44. Lugo.
  • Caseto de Copa. Cervo. Lugo.
  • Casa da Cultura. Burela. Lugo.
  • Casino De Viveiro. Lugo.
  • Restaurante Colón. Nadela. Lugo.
  • Southfiedls Gallery. Wimbledon. Londres.

Premios

Mellor artista local. Pintura Rápida Lugo 2012.

 

email: fv.interiorismo@gmail.com

web: fvinteriorismo.wordpress.com

Tagged with: