Os Galegos Morriñentos en Londres organizan un curso de portugués para galegofalantes. Custa 52 libras e durará 5 semanas. As clases terán lugar os xoves á noitiña entre o 8 de novembro e o 6 de decembro de 19.35 a 21.05.

Esta actividade está organizada xunto cun centro de educación para adultos chamado City Lit que adapta os contidos dos cursos de portugués á características particulares dos galegofalantes. As aulas impartiranse no seu local en Stukeley Street, entre Holborn e Covent Garden.

Se te queres apuntar non tes máis que mandarlle unha mensaxe de Facebook a Inma Gil, que é quen está a coordinar isto.

Xa é a segunda vez que o grupo de morriñentos organizan un curso de portugués para galegofalantes. Coñecer linguas é unha habilidade moi demandada no Reino Unido e no noso país temos unha facilidade especial para aprender a lingua do país veciño. De todos os xeitos as leccións están orientadas a coñecer mellor a variedade brasileira pola cantidade de oportunidades laborais vencelladas ao xigante latinoamericano.

Tagged with:
 
  • Tomé Martínez Rodríguez

    Grande iniciativa…parabéns!