Currently viewing the category: "Novas"

Ítaca

On March 11, 2013 By

Ítaca é o título e o pretexto do poema máis famoso do escritor grego Konstantino Kavafis (1863-1933), e un dos máis fermosos que lin na miña vida. Trátase dun poema moi breve de só trinta e seis versos. Pódense atopar traducións online a tódalas linguas pero, se podedes, recoméndovos lelo directamente do grego ou da tradución ó italiano, que é estupenda. Se [...]

Ler máis

Publicado orxinalmente en Cadernos.net Aínda que naceu en Burgos, xa con seis anos comezou a residir en Galiza, primeiro no interior, en Vilalba, e despois en Burela, na Mariña lucense, e na actualidade en Lugo. De profesión Deseñador de Interiores, sempre levou a pintura no seu interior, xa o seu pai é pintor, mais non [...]

Ler máis

Os rexistros no National Insurance Number (NIN) permítennos saber canta xente dunha determinada nacionalidade ten a intención de comezar a traballar no UK cada ano. Aínda que non temos as cifras para Galiza, podemos facer unha radiografía xeral dos novos emigrantes do Estado Español nos últimos anos. Velaquí as conclusións que tiramos: 1. A emigración [...]

Ler máis

Hoxe traémosvos dous novos actos da comunidade galega que, coma sempre, está que non para. O vindeiro 7 de marzo, o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford organiza unha conferencia titulada “Arquitectura galega actual. Un percorrido polo territorio”. A relatora será a arquitecta Luz Paz Agras, que é bolseira da Fundación Barrié na [...]

Ler máis

O vindeiro sábado, todo galego e galega de bo comer e bo beber ten unha cita obrigada en Londres. Os Galegos Morriñentos organizan unha queimada seguindo o ronsel de festas populares que levan celebrando nos últimos meses. Terá lugar no mesmo sitio que o magosto de novembro, o restaurante La Bodega de Notting Hill e [...]

Ler máis

A Odisea

On February 25, 2013 By

Como ben dixo Dostoievsky, a Odisea dotou ó mundo grego dunha estrutura moral e visual parangonable coa que proporcionou, moito despois, o cristianismo. Xa esta frase debería falarnos, en parte, do que imos e non imos atopar na obra homérica. Non leas a Odisea se o que buscas é un modelo de inspiración persoal ou [...]

Ler máis

O Centro de Estudos Galegos da University of Birmingham recibirá este martes a visita de Erín Moure, unha poetisa canadense que destaca polas súas traducións ao inglés dalgunhas obras da literatura galega. Na súa visita á universidade, participará en dúas actividades. A primeira será un seminario sobre “tradución e transmisión entre culturas” no que abordará [...]

Ler máis

O emigrante galego de hoxe é un emigrante diferente daquel, xa mítico, do pasado século XX. O emigrante actual sabe ler e incluso ten estudios universitarios, xeralmente coñece o idioma do país de destino, é máis culto e inquedo e está ben comunicado. Emigrar agora non é unha traxedia como o podía ser daquela, pero [...]

Ler máis