Posts by: Duarte Romero Varela

Os Galegos Morriñentos en Londres organizan o seu xa tradicional magosto o vindeiro sábado día 10 de novembro. A localización para tan senlleiro evento é o restaurante “La Bodega” de Notting Hill. Haberá cea por un prezo de 12 libras (bebida aparte) e se levas unha presa de castañas xa chas asan alí. A hora [...]

Ler máis

Os Galegos Morriñentos en Londres organizan un curso de portugués para galegofalantes. Custa 52 libras e durará 5 semanas. As clases terán lugar os xoves á noitiña entre o 8 de novembro e o 6 de decembro de 19.35 a 21.05. Esta actividade está organizada xunto cun centro de educación para adultos chamado City Lit [...]

Ler máis

Agora que só faltan dous días para as eleccións, en Galiza no UK propoñemos facer unha pequena enquisa entre a comunidade para ver que ten pensado votar (ou máis ben que votou) a comunidade emigrante nestas autonómicas. Se queres participar non tes máis que premer nesta ligazón e marcar o teu voto. Non fai falla [...]

Ler máis

O Concello de Coruña xunto con outras entidades do Estado está a desenvolver unha campaña de promoción turística na cidade de Londres chamada #corunarocks. Ao longo do mes de outubro hai varias actividades programadas para dar a coñecer entre os británicos a localidade herculina. Tasting sessions Os días 15, 16 e 18 deste mes (é [...]

Ler máis

Para o derradeiro post sobre os programas electorais collemos a dúas forzas políticas que, malia non ter representación parlamentaria, están soando con forza como candidatas para entrar no Hórreo. Falamos de Alternativa Galega de Esquerda e Compromiso por Galicia. A coalición formada por Anova-Irmandade Nacionalista e Izquierda Unida presenta o que eles chaman “Acordo programático”, [...]

Ler máis

Seguindo coa serie de posts sobre os programas electorais, hoxe collemos ao Partido Popular, que é o que máis tinta gasta na emigración. O PP propón centrar a súa política na Lei de Galeguidade e nos seus regulamentos, un proxecto que pretende aprobar na vindeira lexislatura. Ao abeiro desta iniciativa pretenden desenvolver os decretos reguladores [...]

Ler máis

Se o outro día falabamos do programa do PSdeG, hoxe toca meterlle o dente ao do Bloque Nacionalista Galego. Se ben o BNG non presenta propostas dirixidas á comunidade galega no exterior, si que fai bastante fincapé en denunciar a marcha de moitos mozos e mozas cara a emigración. Boa parte do seu programa electoral [...]

Ler máis

Non son moitos os emigrantes galegos que vaian votar nestas eleccións. Segundo publica Cadernos.net, tan só 26.000 residentes no exterior solicitaron o dereito a voto. Pode parecer moito, pero se o comparamos cos 96.000 que houbo en 2009 pois non é tanto. E aínda é menos se sabemos que todo o censo emigrante alcanza as [...]

Ler máis