artistas

Foto da exposición Decadence / the tranformation of being no Stour Space

Hoxe traémosvos dous novos actos da comunidade galega que, coma sempre, está que non para.

O vindeiro 7 de marzo, o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford organiza unha conferencia titulada “Arquitectura galega actual. Un percorrido polo territorio”. A relatora será a arquitecta Luz Paz Agras, que é bolseira da Fundación Barrié na convocatoria de 2012. O evento terá lugar ás 5 da tarde no Queen’s College (ver mapa)

Por outra banda, en Londres hai moita creatividade galega. Sen ir máis lonxe, dous dos impulsores do Círculo Creativo London son paisanos. E nesta liña, é habitual que haxa exposicións e recitais de artistas do país que buscan un oco no mundo anglosaxón. O pontevedrés Marcos Juncal ten a súa obra exposta no Stour Space de Londres (ver mapa) até o 5 de marzo. Bótalle un ollo a esta galería para ter un anticipo do que podes ver.