ErinMoure_OResplandorO Centro de Estudos Galegos da University of Birmingham recibirá este martes a visita de Erín Moure, unha poetisa canadense que destaca polas súas traducións ao inglés dalgunhas obras da literatura galega.

Na súa visita á universidade, participará en dúas actividades. A primeira será un seminario sobre “tradución e transmisión entre culturas” no que abordará o seu traballo de tradutora, facendo especial fincapé na colaboración que mantén coa escritora galega Chus Pato.

Despois da parte máis académica, Moure recitará algunhas das súas obras xunto con pezas que foi traducindo de distintas linguas.

Se te queres achegar, ámbalas dúas actividades van ser o 26 de febreiro no Arts Building da University of Birmingham (ver mapa). O seminario será á 1.15 na aula 439 e o recital ás 5.15 na 119. Se queres máis información bótalle un ollo ao evento de Facebook.