From the monthly archives: October 2012

Hoxe Galiza no UK cumpre seis meses de vida, e van xa 31 entradas e máis de 3000 visitas. Non son unhas cifras espectaculares pero si que amosan un certo interese por parte da comunidade galega. Foi por iso polo que decidín darlle continuidade ao que comezou como un proxecto académico. Desde un primeiro momento [...]

Ler máis

Agora que só faltan dous días para as eleccións, en Galiza no UK propoñemos facer unha pequena enquisa entre a comunidade para ver que ten pensado votar (ou máis ben que votou) a comunidade emigrante nestas autonómicas. Se queres participar non tes máis que premer nesta ligazón e marcar o teu voto. Non fai falla [...]

Ler máis

O Concello de Coruña xunto con outras entidades do Estado está a desenvolver unha campaña de promoción turística na cidade de Londres chamada #corunarocks. Ao longo do mes de outubro hai varias actividades programadas para dar a coñecer entre os británicos a localidade herculina. Tasting sessions Os días 15, 16 e 18 deste mes (é [...]

Ler máis

Para o derradeiro post sobre os programas electorais collemos a dúas forzas políticas que, malia non ter representación parlamentaria, están soando con forza como candidatas para entrar no Hórreo. Falamos de Alternativa Galega de Esquerda e Compromiso por Galicia. A coalición formada por Anova-Irmandade Nacionalista e Izquierda Unida presenta o que eles chaman “Acordo programático”, [...]

Ler máis

Seguindo coa serie de posts sobre os programas electorais, hoxe collemos ao Partido Popular, que é o que máis tinta gasta na emigración. O PP propón centrar a súa política na Lei de Galeguidade e nos seus regulamentos, un proxecto que pretende aprobar na vindeira lexislatura. Ao abeiro desta iniciativa pretenden desenvolver os decretos reguladores [...]

Ler máis

Se o outro día falabamos do programa do PSdeG, hoxe toca meterlle o dente ao do Bloque Nacionalista Galego. Se ben o BNG non presenta propostas dirixidas á comunidade galega no exterior, si que fai bastante fincapé en denunciar a marcha de moitos mozos e mozas cara a emigración. Boa parte do seu programa electoral [...]

Ler máis

Non son moitos os emigrantes galegos que vaian votar nestas eleccións. Segundo publica Cadernos.net, tan só 26.000 residentes no exterior solicitaron o dereito a voto. Pode parecer moito, pero se o comparamos cos 96.000 que houbo en 2009 pois non é tanto. E aínda é menos se sabemos que todo o censo emigrante alcanza as [...]

Ler máis

Aínda non atopaches traballo ou o diñeiro que ganas non che chega para pagar o aluguer? No Reino Unido existen unha serie de axudas económicas que podes solicitar. A pesar de que tanto os británicos coma os irlandeses son moi críticos con elas poden serche de gran utilidade, pero lembra, continúa buscando traballo porque dos [...]

Ler máis